sábado, 25 de marzo de 2017

NAUFRAXIO

Xa empezamos a rodar o noso proxecto audiovisual  en 4º ESO , non sen antes preparalo todo.
 Aquí quédavos a elaboración dun trípode para móbiles  realizado para as panorámicas e os travelings  da nosa rodaxe , agora os movementos de cámara serán moito máis controlados.


Antes de empezar con esta aventura tivemos que inventar un pouco, fixemos unha especie de trípodes móbiles.
 O primeiro é unha especie de cadrado feito con tubos, sobresaen 3: un en vertical para o micrófono, e dous en horizontal para a Go-Prol e outro para o móbil onde ves a imaxe que se reproduce na Go-Prol.

O segundo consta de dous tubos xuntos e encima destes vai unha base que se despraza, aí iría a cámara, Go-Prol ou móbil.






Yago ,Alba, Luisni, Adri e Andrés de 4ºESO Educación Plástica Visual e Audiovisual



  

No hay comentarios:

Publicar un comentario