Mostrando entradas con la etiqueta compartindo coñecementos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta compartindo coñecementos. Mostrar todas las entradas

sábado, 25 de marzo de 2017

NAUFRAXIO

Xa empezamos a rodar o noso proxecto audiovisual  en 4º ESO , non sen antes preparalo todo.
 Aquí quédavos a elaboración dun trípode para móbiles  realizado para as panorámicas e os travelings  da nosa rodaxe , agora os movementos de cámara serán moito máis controlados.


Antes de empezar con esta aventura tivemos que inventar un pouco, fixemos unha especie de trípodes móbiles.
 O primeiro é unha especie de cadrado feito con tubos, sobresaen 3: un en vertical para o micrófono, e dous en horizontal para a Go-Prol e outro para o móbil onde ves a imaxe que se reproduce na Go-Prol.

O segundo consta de dous tubos xuntos e encima destes vai unha base que se despraza, aí iría a cámara, Go-Prol ou móbil.






Yago ,Alba, Luisni, Adri e Andrés de 4ºESO Educación Plástica Visual e Audiovisual



  

martes, 14 de febrero de 2017

compartindo coñecementos "PROXECTO AUDIOVISUAL"





Este luns 13  tivemos a honra de establecer VÍDEO conexión co C.E.I.P. de Canosa  en Coristanco-Coruña. 
Neste encontro  os nosos alumnos e alumnas falaron sobre a súa   experiencia no  mundo audiovisual  cos nenos de 1º - 3º - 5º - 6º de Educación Primaria e  5º de Educación Infantil que fixeron  preguntas moi interesantes, aínda que tivemos algún problema co son conseguimos realizar a conexión con éxito.  
Unha experiencia moi enriquecedora para todos.
 Esta  iniciativa realizouse  grazas a unha proposta de Diego López,  e parte do  marabilloso proxecto de biblioteca  "De espectadores a protagonistas"que se está desenvolvendo no seu centro.

Orgullosa dos meus alumnos e alumnas¡