Este luns 13 tivemos a honra de establecer VÍDEO conexión co C.E.I.P. de Canosa en Coristanco-Coruña.
Neste encontro os nosos alumnos e alumnas falaron sobre a súa experiencia no mundo audiovisual cos nenos de 1º - 3º - 5º - 6º de Educación Primaria e 5º de Educación Infantil que fixeron preguntas moi interesantes, aínda que tivemos algún problema co son conseguimos realizar a conexión con éxito.
Unha experiencia moi enriquecedora para todos.
Esta iniciativa realizouse grazas a unha proposta de Diego López, e parte do marabilloso proxecto de biblioteca "De espectadores a protagonistas"que se está desenvolvendo no seu centro.
VER vídeo no seu BLOGUE :http://bibliocanosa.blogspot.com.es/2017/02/aprendemos-con-luz-beloso-e-o-seu.html#more
Orgullosa dos meus alumnos e alumnas¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario