Powered by Wikiloc
Creado por: jesussimonDIFICULTADE: Fácil
DURACIÓN: 7,35 km
Este sendeiro sinalizado sorprende pola súa contorna natural malia desenrolarse nunha zona de proximidade ao hábitat humano.
Podemos comezalo na igrexa de San Pedro, ao carón da estrada que une Domaio con Moaña e logo de andar uns centocincuenta metros polo asfalto xa nos metemos por camiños.
Pasamos polo muíño de cubo de Fondón e subimos pola costa de Verdeal, vendo as primeiras fervenzas do rego Miñouva. Unha vez que atrevesedes a vía rápida, tende coidado ao chegar a un cruzamento: subide pola dereita para ver uns fermosos muíños de cubo e a poza da Moura, nun lugar con vistas panorámicas a ría de Vigo.
Volvemos atrás dando unha pequena volta ata o cruzamento que citei antes e entón collemos o camiño da dereita, pasando por debaixo da urbanización Golf Domaio e pronto acadamos o rego da Freixa, que vai ser o fío condutor da baixada.
A frondosidade do bosque de ribeira fáinos esquecer donde estamos e comeza unha sucesión de vellos muíños: ata quince contei eu. Atravesamos a vía rápida de novo, agora por un túnel e tomade o camiño da dereita que vos achega de novo ao rego da Freixa.
No barrio de Palmás atopámonos cun área de lecer, con súa fonte, e coa ermita de San Bieito. Xa preto da estrada a Moaña o sendeiro atópase un pouco cegado polo mato (son uns poucos metros); vos continuade sempre procurando as beiras do rego da Freixa.
Chegados a estrada a Moaña, imos cara o porto de Domaio e proseguimos pola beira marítima ata acadar o punto de comezo.