Powered by Wikiloc
Creada por: jesussimonDIFICULTADE: FÁCIL
DURACIÓN: 3Km
Unha ruta lineal e fácil, de 3 km, que sigue o curso do rego de Rialdarca, entre a Igrexa do Carme, no centro da vila de Moaña, e a estrada PO-313 Marín - Moaña.
Metémonos pola Travesía Xogo da Bola e ao trinta metros collemos un carreiro entre hortas e que acada a ribeira do rego de Rialdarca. Veremos o muíño da Xeira e un lavadoiro soterrado, preto dunha pequena fervenza, e augas arriba o muíño de Vázquez.
A vexetación e arboreda é abondosa e atravesamos o regato dunha a outra beira por dúas pontellas. O seguinte muíño é o de Trigo e formando conxunto temos a fonte e o lavadoiro de Rialdarca. Seguimos acompañando ao rego e a uns cincuenta metros facemos un pequeno desvío a dereita para chegar a fonte do Cano.
Retomamos as marxes do rego e, un pouco máis adiante, pasamos polo muíño de Pereira e o vindeiro será o de Sanchelán, coa súa canle que alimenta o cubo.
Acadada a estrada que une Moaña con Marín, baixamos pola estrada e enseguida entramos polas rúas, volvendo ao momento de partida paseando entre ruas típicas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario