Mostrando entradas con la etiqueta tutoriales. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tutoriales. Mostrar todas las entradas

domingo, 29 de enero de 2017

"EL OLIVO" en eMOTION


Esta é a miña proposta didáctica para a película "el olivo" , unha fermosa historia para os que cremos  que un mundo mellor é posible. Unha auténtica xoia da arte audiovisual dirixida por ICIAR BOLLAIN é candidata a 14 nomeamentos aos premios Goya.
Se  queredes podedes compartila , ou utilizala  para traballar na aula, unha proposta que vos animo a facer e compartir: no espazo  colaborativo Contamos con eMotion  e na rede co hashtag #elolivoedu #elolivo
Grazas a Mercedes @londones por incluírme nesta gran aventura colaborativa na que estamos metidos unha marea de profesores de todos os recunchos da península, viva a arte en clave AUDIOVISUAL.





EL OLIVO “Sostenibilidad en stop motion” from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.





Tamén vos deixo esta animación realizada polo meu alumnado de 1º ESO do IES as BARXAS, partindo da unidade didáctica .

"EL OLIVO" 1º ESO


EL OLIVO from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
EDUCACIÓN PLÁSTICA , IES as Barxas


miércoles, 18 de enero de 2017

ANIMACIÓN + ARTE

Esta é a primeira entrada da que espero sexan unha secuencia de actividades na que tod@s poidamos ver na animación unha fonte de motivación, e un gran recurso para a nosa aula .
 As ganas de seguir aprendendo, motivando, experimentado e buscando novos recursos, son o  noso motor no IES as Barxas.


 A integración das TIC na Educación Plástica sémpre é fonte de motivación. Animación e ilustración poden ir da man, dándolle un toque de maxia ao noso traballo. 



A actividade trátase dun traballo  realizado polo alumnado  de 3º  ESO de educación plástica ca técnica do STOP MOTION.

Con esta técnica de animación poderás darlle vida aos teus proxectos, só necesitas unha cámara de fotos , se non tes, serve a do teu móbil ou tablet, coa vantaxe de que dispós de software gratuíto para estes dispositivos e dun ordenador para editar a animación. 



APPS  gratuitas para iOS 


APPS gratuitas  para ANDROID 


SOFTWARE LIBRE:


OS NOSOS RECURSOS








Aquí tedes o resultado  de  mesturar ARTE ,  LORCA e MANGA , un traballo do noso alumnado das Barxas.