Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro 2017. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro 2017. Mostrar todas las entradas

lunes, 12 de junio de 2017

MARCAPÁXINAS POLA SOLIDARIEDADE III

Estes días procedemos ao peche da nosa actividade do día solidario, na que o alumnado de educación financeira de 1º ESO, actuou como unha ONG sensibilizando á súa contorna e recadando fondos a través da elaboración dos marcapáxinas solidarios para que a ONG Save the Children poida seguir desenvolvendo proxectos que permitan que todos os nenos e nenas teñan esperanzas e oportunidades.


A cifra recadada ascendeu a 156€, que convertidos en auga potable ascenden a 7.800 litros, que asegurarán a supervivencia dos nenos e nenas en países como Etiopía. Esta cifra foi ingresada polo IES AS BARXAS, na conta de Save The Children (Banco de Santander: 0049-1837-58-2910248925).


Este exercicio axudou a entender dunha maneira concreta en que se traduce o esforzo colectivo e o seu entusiasmo, e como a procura de patrocinadores ou lectores solidarios multiplica a súa capacidade para reunir fondos. 


MEMORIA DA ACTIVIDADE


jueves, 20 de abril de 2017

MARCAPÁXINAS POLA SOLIDARIEDADE II

A solidariedade faise realidade cando nos mobilizamos, así que daremos os 3 pasos da solidariedade: 

COÑECER-COMUNICAR-ACTUAR

COÑECER

1.- Comenzamos aprendendo/debatendo que a auga é esencial para a vida, pero para millóns de persoas ter acceso a auga potable resulta un reto cada día máis difícil. Preto de 5 millóns de nenos e nenas están en risco de fame negra como consecuencia dunha das peores crises alimentarias en Etiopía provocada por unha seca que se produciu nas rexións que xeralmente son máis verdes e produtivas.
Para miles de nenos e nenas en países como Etiopía, Níxer, Burkina Faso a falta de acceso a auga potable e limpa ten graves consecuencias para a súa vida e para o seu futuro en saúde, alimentación e educación, por iso os grandes avances logrados na seguridade alimentaria, educación e saúde ao longo dos anos que a ONG Save the Children leva traballando neste país, están en perigo.


2.- Traballamos a empatía cos que non teñen acceso á auga. Poñerémonos en situación, debatendo como se nos complica a vida cando se produce un corte de auga e ao abrir a billa non temos toda a auga que necesitamos para beber, cociñar, asearnos, ir ao baño ou simplemente refrescarnos. 
A maioría traemos ao instituto botellas de auga mineral de 0,5 l, que nos bebemos nun par de grolos. Pois esa é a cantidade de auga dispoñible para moitos nenos e nenas en países como Etiopía, pero non auga limpa, senón auga obtida de charcas, afloramientos de acuíferos, pozos e arroios que leva en suspensión gran cantidade de elementos.
Colleremos un vaso de auga da billa e botarémoslle terra e broza, para ver realmente como é a auga do que dispoñen moitos nenos e nenas en Etiopía. A continuación veremos como potabilizarla: coarémola cun pano para quitar a area en suspensión e a continuación incorporarémoslle unha pastilla potabilizadora e, en 20 minutos a auga estará en condicións de ser utilizada.
Compramos un paquete de 50 pastillas potabilizadoras por 4 euros, polo que calculamos que o custo de potabilizar un litro de auga é de 8 céntimos pero se o compramos por xunto, potabilizar un litro de auga sairíanos a 2 céntimos. É dicir, con cada euro podemos potabilizar 50 litros de auga.

COMUNICAR

A través da elaboración dos nosos marcapáginas solidarios, que os alumnos están convertendo en obxectos únicos. 





Ademais estamos a preparar uns murais nos que cada neno e nena deixa a súa pegada xunto coa súa frase inspiradora reclamando o dereito á auga. A próxima semana expoñerémolos no hall do centro.



ACTUAR

Nos próximos días actuaremos como unha ONG sensibilizando á nosa contorna e recadando fondos (entre 0,50€ e 1€ por marcapáxinas) para que, xunto a Save the Children, sigan desenvolvéndose programas que aseguren que todos os nenos e nenas teñan esperanzas e oportunidades.

Unha vez terminada a actividade do Día do Libro Solidario, faremos a conversión do diñeiro recadado en litros de auga potable conseguidos para asegurar a supervivencia dos nenos e nenas en países como Etiopía.

Este exercicio axudará a entender dunha maneira concreta en que se traduce o seu esforzo e o seu entusiasmo, e como a procura de patrocinadores ou lectores solidarios multiplica a súa capacidade para reunir fondos. 

martes, 28 de marzo de 2017

MARCAPÁXINAS POLA SOLIDARIDADE I

MARCAPÁXINAS POLA SOLIDARIEDADE é unha proposta educativa que lles achega aos escolares a situación de vulnerabilidade dos cativos e cativas en países empobrecidos do continente africano co obxectivo de acadar fondos para os proxectos de supervivencia infantil que Save the Children realiza e coñecer os dereitos da infancia a través de diversas propostas didácticas.




Nesta edición pretende amosar a importancia de ter acceso a auga limpa para a supervivencia infantil, a vulnerabilidade que provoca a falta deste recurso e que podemos aportar para atallar as consecuencias desta situación.

Ter acceso á auga é un Dereito Humano fundamental que millóns de persoas non teñen garantido, unha crúa realidade sobre a que traballaremos, no IES AS BARXAS, con todo o alumnado de 1º ESO, dentro da materia de Educación Financeira tomando como base de operacións a biblioteca do centro, facendo fincapé en valores como a solidariedade, a cooperación, o respecto e a responsabilidade

Proposta didáctica: Fomento da lectura + educación en valores
Propoñemos dar a coñecer o poema "Camiñante non hai camiño", de Antonio Machado para reflexionar sobre as pegadas que deixan as cousas, os sentimentos e as accións humanas e finalizar coa creación de poesías e marcapáxinas que reflictan emocións humanas polo dereito ao acceso a auga por parte de todas as persoas. 


Os marcapáxinas realizados, repartirémolos a cambio dun donativo de 0,5€ ou 1€ que o centro fará chegar a Save the Children a través de ingreso na conta da entidade: Banco de Santander 0049-1837-58-2910248925. O total recaudado publicarase na web do centro e na memoria de Save the Children, xunto coa información sobre como o diñeiro axudou ás nenas e nenos que a ONG atende nos programas de desnutrición infantil.

A actividade englóbase dentro da conmemoración do DÍA DO LIBRO 2017 "Dereito á auga: unha pegada imprescindíbel".

Xa comenzamos a preparar os nosos marcapáxinas xunto cuns murais nos que deixaremos as nosas pegadas