Mostrando entradas con la etiqueta CARTEIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CARTEIS. Mostrar todas las entradas

domingo, 30 de abril de 2017

AULAS SEN FUME, ANIMACIÓN PARA CONCIENCIAR


Este trimestre pasado , estivemos a traballar de cheo no proxecto "AULAS SEN FUME",  un concurso educativo para a prevención do tabaquismo, dirixido a escolares de primeiro ciclo de ESO.
Este programa forma parte do "Plan Proxecta" dá Consellería de Educación.
Dirixido a nenos e nenas de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco.
Baséase no compromiso individual e colectivo (de toda a aula) de non fumar durante alomenos 6 meses, reforza o carácter voluntario da decisión de non fumar, facilita a presión de grupo positiva xerada pola complicidade dun grupo de adolescentes e un adulto (titor/a), e reforza a confianza nun mesmo e nos demais.

1ª- Despois de realizar unha serie de carteis , os alumnos e alumnas de 1º da ESO A e B escollemos o que máis nos gustaba para representar a clase .




 2º- Traballamos ao redor do slogan escollido en cada aula , realizamos un guión  e o seu story board .















3º Probamos por primeira vez distintas técnicas de animación e quedámonos con estes dous proxectos,  dos realizados na aula esperamos que vos gusten.




1 ESO A



1 ESO B
 

martes, 14 de febrero de 2017

SEN FUME

Clases sen Fume
Estes son os primeiros carteis deste proxecto , os alumnos e alumnas de 1º da ESO propuxéronse loitar con todas as súas armas contra esta terrible adición ,  Estes dous son os slogans elixidos polo meu alumnado , do que partirán para realizar a súa campaña publicitaria que promete ser moi animada.