Mostrando entradas con la etiqueta VIDEOCONFERENCIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VIDEOCONFERENCIA. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de abril de 2017

VIDEOCONFERENCIA IES AS BARXAS - IES PEDREGAL DE IRIMIA


Onte, a terceira hora da mañá, levamos a cabo unha videoconferencia entre o IES AS BARXAS (Moaña-Pontevedra)) - IES PEDREGAL DE IRIMIA (Meira-Lugo), organizado polos departamentos de economía de ambos centros, e coa presencia de un membro de Adicae (Ana). 


Por parte do IES PEDREGAL DE IRIMIA, participaron o alumnado de Educación Financeira de 2º ESO, Economía de 4º ESO e IAEE de 4º ESO, co seu profe Eloi Sobradelo. No IES AS BARXAS, debido a imposibilidade de mobilizar a todo o alumnado por ser un número moi elevado, tivemos a un grupo de alumnos que fixeron de portavoces de cada nivel: Lucía Parcero e María Parente de Economía 1º bach., Antía Fervenza, Sara del Río, Jenny Alvarez, Aixa Chapela e Andrea Currás de Economía 4º ESO, e Iker Casás, Ana Pena, Ruth Casal e Sergio Otero de Educación Financeira 1º ESO.






Unha fantástica experiencia colaborativa na que compartimos os nosos proxectos de consumo crítico e responsable, sostenibilidade, solidariedade, emprendemento, ética social.... Como profe é un gran orgullo ter este alumnado😍😍😍#debaterparaaprender #economiasolidaria

martes, 14 de febrero de 2017

compartindo coñecementos "PROXECTO AUDIOVISUAL"





Este luns 13  tivemos a honra de establecer VÍDEO conexión co C.E.I.P. de Canosa  en Coristanco-Coruña. 
Neste encontro  os nosos alumnos e alumnas falaron sobre a súa   experiencia no  mundo audiovisual  cos nenos de 1º - 3º - 5º - 6º de Educación Primaria e  5º de Educación Infantil que fixeron  preguntas moi interesantes, aínda que tivemos algún problema co son conseguimos realizar a conexión con éxito.  
Unha experiencia moi enriquecedora para todos.
 Esta  iniciativa realizouse  grazas a unha proposta de Diego López,  e parte do  marabilloso proxecto de biblioteca  "De espectadores a protagonistas"que se está desenvolvendo no seu centro.

Orgullosa dos meus alumnos e alumnas¡