Mostrando entradas con la etiqueta EXPOSICIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EXPOSICIÓNS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 5 de julio de 2017

EU SON MARUJA MALLO


Exposición homenaxe á pintora Maruja Mallo  “EU SON MARUJA”
 As obras foron realizadas polo alumnado de bacharelato de Debuxo Artístico, dirixido pola profesora Luz Beloso, e comisariadas polo alumnado de Economía  dirixido pola profesora M Jose Soto .

 A mostra consta dunha serie de instalación e distintas obras artísticas (tridimensionais nalgúns casos), ao redor da GRAN MARUJA MALLO, muller e artista galega de carácter transgresor á que este ano se lle dedicou o Día das Artes Galegas.

Cada obra artística utiliza como parte da composición o propio hall do IES AS BARXAS, ademais de obxectos realizados con material de reciclaxe, cartóns, ramas, redes, etc. Tamén podemos atopar as últimas tendencias no campo das animacións, arte dixital, ilustracións e realidade aumentada, coa pretensión de encher o espazo do espíritu surrealista de Maruja, onde o espectador é convidado a moverse ao redor da peza e interactuar con ela.

Esta exposición homenaxe pretende ser un alegato en defensa dos dereitos da muller e ao dereito de facer visible tanto a Maruja coma a súa obra, tan inxustamente esquecida durante anos.

A experiencia forma parte do proxecto TRANSFORMANDO REALIDADES, premiado pola “Plataforma Proyecta Innovación”, co obxectivo de crear e xestionar un centro de arte contemporánea no IES AS BARXAS e que pode seguirse a través do blogue: https://proyectotransformandorealidades.blogspot.com.es/ e na web do proxecto https://luzbelos.wixsite.com/eusonmarujamallo




viernes, 10 de marzo de 2017

Dobre exposición, " Todos os días son 8 de MARZO"


Dobre exposición do alumnado de Educación Plástica e Debuxo Artístico , comisariado polo alumnado de Economía no IES as Barxas " Todos os días son 8 de MARZO" .
A exposición estará no hall do centro ,durante a semana do 13 ao 17 de marzo, de luns a venres de 9:00 a 14.30 e o luns pola tarde, de 16:30 a 18:00.
  • #Inspiradoras2017 : Sumámonos á iniciativa do museo da Biblioteca Nacional realizando un retrato en cincuenta minutos da nosa muller inspiradora. O traballo será proxectado nunha das salas do museo , no twiter e no hall de nosa centro.




INSPIRADORAS 2017 en RED







https://www.facebook.com/media/set/?set=a.1641466126162984.1073741840.1452055971770668&type=1&l=f863d788fd 

Inspiradoras 2017 en RED



EXPOSICIÓN VIRTUAL en Twitter









martes, 7 de marzo de 2017

COMISARIADO EXPOSICIÓN "TODOS OS DÍAS SON 8 DE MARZO"

Nestes días estamos realizando as nosas primeiras prácticas coma comisarios de arte, colaborando na montaxe da exposición "Todos os días son 8 de marzo".

En primeiro lugar tíñamos que saber sobre que idea imos traballar, artistas e obras (temática, forma, luz), polo que tomamos notas xunto a Luz Beloso, a profesora de Plástica que dirixiu a elaboración das obras. E unha tarefa imprescindible, xa que o comisario ten que saber dar unha explicación sobre por que esa exposición e esa selección.

Empezamos estudando o espazo no que se situaría a exposición (hall do centro): dimensións, características, módulos expositivos, iluminación..


Despexamos a zona de exposición, cambiando de sitio os elementos prescindibles...






Dada a gran cantidade de traballos realizados polo alumnado tivemos que pensar en novas fórmulas para expoñer, polo que cubrimos paneis expositivos con teas, para o que tivemos que pasar o ferro, coser,...actividades domésticas habituais que a maior parte dos alumnos era a primeira vez que realizaban.










Tamén contamos coa impagable axuda de Enrique, que montou e tensou un sistema de cordas para "tender" algunhas das obras.


E pintamos moitas pinzas de negro, para que encaixasen coa estética en branco/negro da mostra.


Xa queda menos, e os pasos seguintes refírense a elaboración de:
- Cartelas
- Invitacións
- Prensa e difusión
- Texto curatorial (unha cara dun folio, sobre a exposición).