Nestes días estamos realizando as nosas primeiras prácticas coma comisarios de arte, colaborando na montaxe da exposición "Todos os días son 8 de marzo".
En primeiro lugar tíñamos que saber sobre que idea imos traballar, artistas e obras (temática, forma, luz), polo que tomamos notas xunto a Luz Beloso, a profesora de Plástica que dirixiu a elaboración das obras. E unha tarefa imprescindible, xa que o comisario ten que saber dar unha explicación sobre por que esa exposición e esa selección.
Empezamos estudando o espazo no que se situaría a exposición (hall do centro): dimensións, características, módulos expositivos, iluminación..
Despexamos a zona de exposición, cambiando de sitio os elementos prescindibles...
Dada a gran cantidade de traballos realizados polo alumnado tivemos que pensar en novas fórmulas para expoñer, polo que cubrimos paneis expositivos con teas, para o que tivemos que pasar o ferro, coser,...actividades domésticas habituais que a maior parte dos alumnos era a primeira vez que realizaban.
Tamén contamos coa impagable axuda de Enrique, que montou e tensou un sistema de cordas para "tender" algunhas das obras.
E pintamos moitas pinzas de negro, para que encaixasen coa estética en branco/negro da mostra.
Xa queda menos, e os pasos seguintes refírense a elaboración de:
- Cartelas
- Invitacións
- Prensa e difusión
- Texto curatorial (unha cara dun folio, sobre a exposición).
No hay comentarios:
Publicar un comentario