martes, 21 de marzo de 2017

Ao primeiro sinal vaite¡







A proposta didáctica é unha campaña para loitar contra a VIOLENCIA DE XÉNERO, na que partimos da coñecida imaxe “O iceberg da violencia de xénero “ de AMNISTÍA INTERNACIONAL , onde aparece reflectida a violencia visible e a invisible . 
E detectamos as actitudes MACHISTAS na parella, normalmente sutís e disfrazados de probas de amor. ​
Despois dun debate e contrastar opinións , decidimos repartirnos o traballo: un grupo realiza o mural sobre a violencia de xénero visible e invisible, e o outro grupo de 3º decide alertar ás súas compañeiras para que estean atentas aos sinais machistas. ​

 Previa elaboración dos textos e ilustracións realízanse as animacións que se conectarán ca maxia da aplicación AURASMA.
 As animacións asociadas ás imaxes son vídeos de 15 segundos que están dramatizados con frases e a voz do alumnado . ​ Compartiremos as nosas auras no gran muro virtual que son as redes sociais, co hashtag #expoBARXASviolenciadeXénero. ​
Por último realizaremos unha exposición que estará dúas semanas no hall do IES As Barxas desde o 8 de marzo do 2017.
Trátase dunha exposición con todos os requisitos, despois de traballar en Educación Plástica nos cursos de 3º ESO A e C a produción e proxecto artístico: con ilustracións, animacións, textos e dramatización, creación do mural e da Realidade Aumentada a exposición vai ser comisariada por M José Soto e o seu alumnado de Economía. ​

PROCESO ​

1º Realizaremos unha serie de ilustracións ​

2º Realizaremos unha animación de 15 segundos que reflicta cada palabra do iceberg . ​

 3ª Dramatización das distintas frases . ​

 4º Descargamos no noso dispositivo movil a app AURASMA e asociamos a capa virtual a cada imaxe . ​

5º Poñemos nome a nosa aura e incluímola no canle "AO PRIMEIRO SINAL VAITE¡

 6º para que todo o mundo a poida visualizar as animacións é necesario ser seguidor da nosa canle de R A , creamos un código QR coa ligazón da CANLE para facilitar a súa visibilidade .

 VER LIGAZÓN  https://luzbelos.wixsite.com/violenciadexenero

No hay comentarios:

Publicar un comentario