sábado, 22 de abril de 2017

BOOKTRAILER "Sorrisos de Magdalena"


Partindo dunha proposta do profesor JOSÉ BLAS GARCÍA, os alumnos e alumnas de Educación Plástica do IES as Barxas leámonos a manta á cabeza e realizamos o BOOKTRAILER, dun dos contos gañadores do concurso  INTERNACIONAL  " NO meu VERSO SON LIBRE".
 O relato que tivemos o privilexio de animar é ," Sorrisos de Magdalena" de Cecilia  Mansilla Sánchez da aula Hospitalaria do Complexo Hospitalario Ntro. Sra. do Perpetuo Socorro de Albacete

Pero, de que vai este proxecto ?

 O profesor Jose Blas convídanos a participar coa realización dun Booktrailer no proxecto colaborativo "CONTAMOS CON EMOTION" , e cóntanolo asi:


"O Certame de Relatos  "No meu verso son libre", é un proxecto de animación á escritura, ás narrativas e á lectura , que cumpre a súa décima edición, está dirixido a nenos e nenas entre 6 e 17 anos que, atravesando unha situación de enfermidade e un momento complicado da súa vida, souberon positivizarlo, gozar e aprender a través das propostas que lle lanzamos desde  calquera das Aulas Hospitalarias de todo o mundo onde se fala  español (ou castelán) ou desde calquera dos servizos educativos denominados "de Apoio Domiciliario.
O certame está organizado polo Equipo de Atención Educativa Hospitalaria e Domiciliaria da Región de Murcia, co apoio de varios patrocinadores e da Consellería de Educación e Universidades da Región de Murcia......"
 Seguir lendo na LIGAZÓN 





A animación está realizada coa aplicación PLASTIC de IOS , aquí deixámos o noso tutorial da aplicación .






Metamorfose Maruja Mallo - I

Estas son algunhas das obras realizadas polos alumnos e alumnas de debuxo artístico para a exposición dedicada a Maruja Mallo , Nestas obras o alumnado realizou unha metamorfose de distintas pinturas da artista  , a súa obra transfórmase  en diferentes frames , que despois animaremos e conectaremos á primeira imaxe da serie mediante realidade aumentada , seguimos en proceso CREATIVO , porque nós , os alumnos e alumnas tamén somos Maruja Mallo , SOMOS PRODUTORES DE ARTE





























EU SON MARUJA MALLO

O alumnado de 2º de bacharelato de Debuxo Artístico esta preparando unha serie de instalacións e diferente obra artística ao redor da GRAN  MARUJA MALLO,  muller e artista galega de carácter transgresor, esta é a nosa defensa dos dereitos da muller  e o seu dereito a facela a ela e a súa obra visible , tan inxustamente  esquecida durante anos.
 No noso centro o seu recordo e a súa obra esta VIVA  grazas ao alumnado de Debuxo,  este mes  é o mes das ARTES  en GALICIA , é está dedicado a ela. Levamos meses traballando na nosa exposición , pronto poderedes ver os resultados.

A interpretación foi realizada en grupo polos alumnas e alumnos de 2º Bach,  tridimensional nalgúns  casos, esta  será exposta na entrada do noso  centro, cada obra artística utiliza  como parte da composición o propio hall do IES as Barxas,  ademais de obxectos diversos realizados con material de reciclaxe, cartóns, ramas, redes, pretendemos  encher  o espazo  do espíritu  surrealista de Maruja   onde o espectador é convidado a moverse ao redor da peza e interactuar con ela.
















 Os alumnos e alumnas do IES AS BARXAS son productores de arte #eusonMARUJAMALLO

VII FESTIVAL AUDIOVISUAL AS BARXAS ¡¡

 Como dende hai sete  anos o IES ÁS BARXAS PROXECTA o SEU FESTIVAL AUDIOVISUAL, un festival que nace do traballo e o esforzo dos alumn@s de Educación Plástica, onde contaron co apoio  de pais, nais ,chegando a ser estes actores dirixidos polos seus propios fillos, contaron coa colaboración de profesores, compañeiros, de xente do pobo..da comunidade  educativa en xeral .
O proxecto desenvólvese durante o segundo trimestre, necesita de moitas horas de traballo extra fora de horas de clase, este nace coa escritura dun guión, onde os alumn@s aprenden cal é a súa estrutura, teñen en conta todos os detalles necesarios para traballar no momento de filmar, así como un guión gráfico onde ilustrarán cada escena, aprenden a usar as cámaras, programas de edición, de retoque fotográfico, ou de animación 2D, incluído a difusión en REDE (blog, conta you tube ,vimeo, Facebook..)

Os alumn@s desenvolven destrezas onde se traballan distintas competencias, dende a comunicación audiovisual, a artística, lingüística, a autonomía, aprender a aprender, eles analizan e reflexionan sobre as mensaxes audiovisuais, coñecen os seus códigos e son capaces de utilizalos. En definitiva é un proxecto en equipo, onde a coordinación, e o esforzo colectivo se centra nun obxectivo común, comunicar.

Este ano temos cinco proxectos que parten dunha obra de arte , do que nas próximas entradas empezarémosvos falar , estamos en fase de rodaxe e edición , quedando a rodar polas tardes  e organizándonos  para empezar a editar.
Pronto teredes máis noticias , aquí quedan algunhas imaxes do proceso creativo , e da rodaxe realizado estés días.














DOAR SORRISOS

Outro dos nosos proxectos ANIMADOS, que non podemos desvelar, só en xuño poderedes velo no noso festival, aquí queda , parte do *ANIMATIC e un *frame do proxecto , seguimos animando para concienciar , neste caso , queremos doar sorrisos 




 FRAME PROXECTO

DOAR= AMAR

Estamos en plena fase de produción , aquí queda unha mostra do que vai ser un dos nosos proxectos realizados polo equipo de animación de 1º de BACH , ARTE e animación únense para concienciar , neste proxecto o noso obxectivo é  concienciar para a doazón de sangue e órganos.
Os alumnos e alumnas , crean a historia, debúxana , crean o animatic e con técnicas de animación 2D danlle vida.
Non podemos ensinar a produción , xa que se estreará en xuño no noso Festival Audiovisual que terá como nexo a ARTE


 DESEÑOS

  FRAME DA ANIMACIÓN

PLANO DA ANIMACIÓN DOAR= AMAR