3º Premio de Innovación educativa para o IES AS BARXAS ca actividade creativa "Non fai falta ser un superheroe para deixar de fumar" realizada polo alumnado de Educación Plástica Visual e Audiovisual de 1 ESO B no plan proxecta clases sen fume convocado pola conselleria de educación e de sanidade.
#AnimaciónparaCONCIENCIAR
#AnimaciónparaCONCIENCIAR
É un concurso educativo para a prevención do
tabaquismo, dirixido a escolares de primeiro ciclo de ESO,
é dicir de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros
contactos co tabaco, tendo ás comunidades educativas
como instrumento indispensable para a execución do
proxecto.
Baséase no compromiso individual e colectivo (de toda a
aula) de non fumar durante alomenos 6 meses, reforza o
carácter voluntario da decisión de non fumar, facilita a
presión de grupo positiva xerada pola complicidade dun
grupo de adolescentes e un adulto , e reforza a confianza
nun mesmo e nos demais, ao tempo que utiliza a
recompensa - premio como incentivo.
Este programa forma parte do "Plan Proxecta" da
Consellería de Educación.
DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA:
- Todos os escolares da aula e o seu profe comprométense a non fumar durante os 6 meses que dura o programa. Antes do inicio do programa todos os participantes manifestan o seu consumo de tabaco.
- Elaboración dun slogan, que consistirá nun lema orientado á prevención do tabaquismo, e preferentemente, dirixido a convencer aos mozos e mozas para non comezar a fumar, e que deberá acompañarse dunha representación gráfica orixinal.
- Desenvolver unha actividade creativa en relación coa prevención do tabaquismo, nalgunhas das seguintes modalidades: deseño de materiais multimedia, anuncio publicitario, canción con baile, obra de teatro, xogos, revista xuvenil, periódico, cómic ou conto.
- Desenvolver as unidades didácticas relacionadas coa prevención do tabaquismo propostas na guía “A experiencia de educar para a saúde na escola” do “Programa de Prevención do Consumo de Drogas”, para cada un dos cursos de 1º e 2º da ESO.
PREMIO PARA 1º ESO B EDUCACIÓN PLÁSTICA IES AS BARXAS |
O NOSO TRABALLO PREMIADO
No hay comentarios:
Publicar un comentario