Mostrando entradas con la etiqueta Sesións de pitching. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sesións de pitching. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de enero de 2017

Sesións de pitching, PROXECTO AUDIOVISUAL "+ARTE"

 Con máis de 6 anos de continuidade o AUDIOVISUAL as Barxas    enfoca este novo curso o proxecto audiovisual   á ARTE  .

"CINEMA E ARTE "  en 4º da ESO .

Nunha primeira fase do proxecto empezaremos co estudo da linguaxe cinematográfica, planos, ángulos, encadre...
Antes de realizar o noso proxecto debemos ser conscientes das nosas limitacións,  30  alumn@s , tres horas á semana,  necesitaremos usar o enxeño e aproveitar ao máximo os recursos que temos , son moitos alumnos e alumnas , e pouco tempo. 
Rodar a golpe de timbre , non é doado.


 QUE NECESITAMOS?

  • Videocámaras
  • Trípodes, moi necesarios para unha maior calidade na composición dos planos.
  • Micrófono Exterior , Direccional
  • Alargo para conexión á rede
  •  Tarxetas SD
  • Focos 
  • Ordenador Persoal 
  •  Tamén necesitaremos software para a edición de vídeo, efectos visuales, retoque fotográfico, un editor de son
  Neste momento estamos coa elaboración dos guións.

 O guión debe partir dun cadro,  interpretando libremente a historia que lle suxira a obra.

Ver RECURSO


Cada alumno e alumna grazas a supervisión do departamento de lingua xa  elaborou un guión este trimestre,  pero só realizaremos 6 curtas e  este é o momento de elixir.

Todos e todas expoñen o seu guión en sesións  de pitching, unha tendencia na comunicación e produción audiovisual, onde os guionistas compiten por captar a atención de produtores mediante a exposición  directa das súas ideas  coa potencia e claridade das súas propostas.


 VER LIGAZÓN


Sesións  de pitching