"CINEMA E ARTE " en 4º da ESO .
Nunha primeira fase do proxecto empezaremos co estudo da linguaxe cinematográfica, planos, ángulos, encadre...
Antes de realizar o noso proxecto debemos ser conscientes das nosas limitacións, 30 alumn@s , tres horas á semana, necesitaremos usar o enxeño e aproveitar ao máximo os recursos que temos , son moitos alumnos e alumnas , e pouco tempo.
Rodar a golpe de timbre , non é doado.
QUE NECESITAMOS?
- Videocámaras
- Trípodes, moi necesarios para unha maior calidade na composición dos planos.
- Micrófono Exterior , Direccional
- Alargo para conexión á rede
- Tarxetas SD
- Focos
- Ordenador Persoal
- Tamén necesitaremos software para a edición de vídeo, efectos visuales, retoque fotográfico, un editor de son
O guión debe partir dun cadro, interpretando libremente a historia que lle suxira a obra.
Ver RECURSO
Cada alumno e alumna grazas a supervisión do departamento de lingua xa elaborou un guión este trimestre, pero só realizaremos 6 curtas e este é o momento de elixir.
Todos e todas expoñen o seu guión en sesións de pitching, unha tendencia na comunicación e produción audiovisual, onde os guionistas compiten por captar a atención de produtores mediante a exposición directa das súas ideas coa potencia e claridade das súas propostas.
VER LIGAZÓN
![]() |
Sesións de pitching |
No hay comentarios:
Publicar un comentario