MOAÑA 3D é unha das liñas de acción/intervención do noso proxecto TRANSFORMANDO REALIDADES.
Trátase dunha iniciativa educativa, interdisciplinar e creativa que pretende
concienciar, formar, divulgar e valorizar a paisaxe do noso concello, identificando
os seus elementos constitutivos, a diversidade, o valor cultural e o simbólico, a
través da virtualización de determinados elementos naturais, culturais,
artísticos, etc.
bens arqueolóxicos
elementos etnográficos
esculturas
patrimonio cultural
patrimonio natural
Entendemos que a
paisaxe é algo vivo, en constante cambio tanto polo paso do tempo como polas
acción que levamos a cabo os humáns e que é necesario estudiar, protexer e
divulgar o porqué dos seus elementos para saber cómo actuar sobre o mesmo e
desenvolver unha actitude responsable no marco da sustentabilidade.
Para iso buscamos
potenciar o traballo en equipo e a iniciativa persoal, coordinando distintos
departamentos Economía, Plástica, Xeografía e Historia, Bioloxía, Lengua
Castellana, Filosofía, Normalización Lingüística, Lingua Galega, Matemáticas,
Orientación e Biblioteca, e combinando tarefas entre todos os niveis educativos
da ESO e Bacharelato.
O noso punto de partida é a investigación sobre os elementos
constitutivos da paisaxe de Moaña, no que participa toda a comunidade escolar
e local (alumnado, profesorado, pais, veciños, asociacións, Concello de Moaña, e
a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a través do Instituto de Estudos do Territorio).
Posteriormente, seleccionamos
determinados elementos naturais, culturais, artísticos, etc para o seu estudo
en profundidade, en función dos nosos recursos, e comenzamos a traballar nas
técnicas de virtualización.
Para iso,
contactamos con Eloy Martínez Soto, historiador, arqueólogo e
experto no campo da virtualización patrimonial en 3D, que nos impartiu no primeiro trimestre, un Obradoiro de Introducción á Fotogrametría Dixital,
dirixido ao profesorado e ao alumnado de TIC de 1º bacharelato, co fin de que estes formen
posteriormente aos seus compañeiros.
Durante 12 sesións aprendemos a planificar e obter imaxes para un correcto levantamento fotogramétrico, coñecemos o software para crear modelos 3D de precisión e editamos as partes dun modelo 3D mediante o emprego de Blender.
Pero tamén nos topamos con numerosos problemas e dificultades:
- Equipos fotográficos insuficientes, polo que todo o traballo realizouse mediante o uso da cámara dos móbiles dos alumnos.
- Falta de trípodes de brazo longo, que suplimos con imaxinación creando nosos propios trípodes con paus de escoba e cinta illante.
brazo telescópico para poda
- Falta de capacidade dos equipos informáticos do centro para traballar co software de creación de modelos 3D, de alta precisión (Agisoft Photoscan) que nos permitía o seu uso de proba durante 30 días.
- Falta de wifi na aula, o que impediu o uso de programas máis simples para móbiles como 123Dcatch.
- Dificultade de acceso a determinados elementos, xa fóra por distancia, por estar situados en zonas abruptas, etc, que resolvemos a través do visor de Google Maps.
Neste momento estamos a pulír os levantamentos fotogramétricos e nunhas semanas, o alumnado da ESO empezará a elaborar as fichas-dossier correspondentes na materia que corresponda (Sociais, Bioloxía, Arte, Antropoloxía, etc..).
Pronto esperamos ter editados os nosos modelos 3D e comezar a traballar na súa publicación e nas distintas campañas de difusión que xa estamos deseñando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario