Mostrando entradas con la etiqueta ILUSTRANDO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ILUSTRANDO. Mostrar todas las entradas

viernes, 10 de marzo de 2017

Dobre exposición, " Todos os días son 8 de MARZO"


Dobre exposición do alumnado de Educación Plástica e Debuxo Artístico , comisariado polo alumnado de Economía no IES as Barxas " Todos os días son 8 de MARZO" .
A exposición estará no hall do centro ,durante a semana do 13 ao 17 de marzo, de luns a venres de 9:00 a 14.30 e o luns pola tarde, de 16:30 a 18:00.
  • #Inspiradoras2017 : Sumámonos á iniciativa do museo da Biblioteca Nacional realizando un retrato en cincuenta minutos da nosa muller inspiradora. O traballo será proxectado nunha das salas do museo , no twiter e no hall de nosa centro.




martes, 7 de marzo de 2017

VIOLENCIA DE XÉNERO VISIBLE E INVISIBLE



Esta é unha divertida actividade  que utilizamos para traballar a violencia de xénero cos alumnos e alumnas de 3º ESO.
A proposta didáctica  é unha campaña para loitar contra a VIOLENCIA DE XÉNERO .
Partimos da coñecida imaxe “O iceberg da violencia de xénero “ de amnistía internacional , onde aparece reflectida a violencia visible e a invisible . 













miércoles, 1 de marzo de 2017

MARUJA MALLO "A mensaxe do mar "PRODUCIÓN

Pronto celebramos o Día das Artes Galegas, este ano dedicado a Maruja Mallo.
Empezamos interpretando a obra "A mensaxe do mar ,  pronto pasaremos á fase de animación, e exposición o 1 de ABRIL
Os alumnos e alumnas de debuxo artístico atópanse na fase de produción artística, estamos envoltos na preparación dunha exposición homenaxe , onde teremos todo tipo de obra , desde instalacións artísticas, animacións, arte dixital a ilustracións e obra gráfica variada do alumnado ao redor desta xenial artista .




ILUSTRACIÓNS



martes, 14 de febrero de 2017

SEN FUME

Clases sen Fume
Estes son os primeiros carteis deste proxecto , os alumnos e alumnas de 1º da ESO propuxéronse loitar con todas as súas armas contra esta terrible adición ,  Estes dous son os slogans elixidos polo meu alumnado , do que partirán para realizar a súa campaña publicitaria que promete ser moi animada.