Mostrando entradas con la etiqueta ANIMACIÓN 2D. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANIMACIÓN 2D. Mostrar todas las entradas

sábado, 24 de junio de 2017

PREMIADOS en CLASES SEN FUME

3º Premio de Innovación educativa para o IES AS BARXAS ca actividade creativa "Non fai falta ser un superheroe para deixar de fumar" realizada polo alumnado de Educación Plástica Visual e Audiovisual de  1 ESO B no plan proxecta clases sen fume convocado pola conselleria de educación e de sanidade.
#AnimaciónparaCONCIENCIAR
É un concurso educativo para a prevención do 
tabaquismo, dirixido a escolares de primeiro ciclo de ESO,
 é dicir de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros 
contactos co tabaco, tendo ás comunidades educativas 
como instrumento indispensable para a execución do 
proxecto.
Baséase no compromiso individual e colectivo (de toda a 
aula) de non fumar durante alomenos 6 meses, reforza o 
carácter voluntario da decisión de non fumar, facilita a 
presión de grupo positiva xerada pola complicidade dun 
grupo de adolescentes e un adulto , e reforza a confianza 
nun mesmo e nos demais, ao tempo que utiliza a 
recompensa - premio como incentivo.



Este programa forma parte do "Plan Proxecta" da 
Consellería de Educación.

DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA:
  1. Todos os escolares da aula e o seu profe  comprométense a non fumar durante os 6 meses que dura o programa. Antes do inicio do programa todos os participantes manifestan o seu consumo de tabaco.
  2. Elaboración dun slogan, que consistirá nun lema orientado á prevención do tabaquismo, e preferentemente, dirixido a convencer aos mozos e mozas para non comezar a fumar, e que deberá acompañarse dunha representación gráfica orixinal.
  3. Desenvolver unha actividade creativa en relación coa prevención do tabaquismo, nalgunhas das seguintes modalidades: deseño de materiais multimedia, anuncio publicitario, canción con baile, obra de teatro, xogos, revista xuvenil, periódico, cómic ou conto.
  4. Desenvolver as unidades didácticas relacionadas coa prevención do tabaquismo propostas na guía “A experiencia de educar para a saúde na escola” do “Programa de Prevención do Consumo de Drogas”, para cada un dos cursos de 1º e 2º da ESO.





PREMIO PARA 1º ESO B EDUCACIÓN PLÁSTICA IES AS BARXAS



O NOSO TRABALLO PREMIADO

domingo, 4 de junio de 2017

DAR VIDA


Este ano puxemos en marcha a materia de ANIMACIÓN no IES as Barxas , esta é unha das pezas  saídas de 2º de BACH,  sinxela pero contundente.



DAR VIDA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.


No Festival  deste ano introduciremos a apartado "ANIMACIÓN PARA CONCIENCIAR " no que estrearemos  entre outras a obra  “Regala sorrisos salvando vidas” , gañadora do concurso de curtametraxes sobre doazón e transplantes de órganos promovido pola Consellería de Sanidade

viernes, 2 de junio de 2017

ANIMACIÓN para CONCIENCIAR

Estas son algunhas imaxes do alumnado da materia de ANIMACIÓN no IES as Barxas .
Este mércores día 7 de xuño #díanacionaldodoador achegarémonos o Salón de Actos da Consellería de Sanidade para recoller o primeiro PREMIO do concurso de curtametraxes sobre doazón e transplantes de órganos promovido pola Consellería de Sanidade . 
PARABÉNS a tod@s¡¡
A curta gañadora “Regala sorrisos salvando vidas”
estréase este 22 ás 17:00 , xunto con outras animacións do obradoiro de animación as Barxas no Festival audiovisual.
#AnimaciónparaConcienciar  #FestivalAudiovisualASBARXAS


A animación é unha metáfora sobre A doazón como xesto altruísta, o maior acto de bondade e amor que regala vida e sorrisos










domingo, 30 de abril de 2017

AULAS SEN FUME, ANIMACIÓN PARA CONCIENCIAR


Este trimestre pasado , estivemos a traballar de cheo no proxecto "AULAS SEN FUME",  un concurso educativo para a prevención do tabaquismo, dirixido a escolares de primeiro ciclo de ESO.
Este programa forma parte do "Plan Proxecta" dá Consellería de Educación.
Dirixido a nenos e nenas de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco.
Baséase no compromiso individual e colectivo (de toda a aula) de non fumar durante alomenos 6 meses, reforza o carácter voluntario da decisión de non fumar, facilita a presión de grupo positiva xerada pola complicidade dun grupo de adolescentes e un adulto (titor/a), e reforza a confianza nun mesmo e nos demais.

1ª- Despois de realizar unha serie de carteis , os alumnos e alumnas de 1º da ESO A e B escollemos o que máis nos gustaba para representar a clase .




 2º- Traballamos ao redor do slogan escollido en cada aula , realizamos un guión  e o seu story board .















3º Probamos por primeira vez distintas técnicas de animación e quedámonos con estes dous proxectos,  dos realizados na aula esperamos que vos gusten.




1 ESO A



1 ESO B
 

sábado, 22 de abril de 2017

DOAR SORRISOS

Outro dos nosos proxectos ANIMADOS, que non podemos desvelar, só en xuño poderedes velo no noso festival, aquí queda , parte do *ANIMATIC e un *frame do proxecto , seguimos animando para concienciar , neste caso , queremos doar sorrisos 




 FRAME PROXECTO

DOAR= AMAR

Estamos en plena fase de produción , aquí queda unha mostra do que vai ser un dos nosos proxectos realizados polo equipo de animación de 1º de BACH , ARTE e animación únense para concienciar , neste proxecto o noso obxectivo é  concienciar para a doazón de sangue e órganos.
Os alumnos e alumnas , crean a historia, debúxana , crean o animatic e con técnicas de animación 2D danlle vida.
Non podemos ensinar a produción , xa que se estreará en xuño no noso Festival Audiovisual que terá como nexo a ARTE


 DESEÑOS

  FRAME DA ANIMACIÓN

PLANO DA ANIMACIÓN DOAR= AMAR

martes, 14 de febrero de 2017

B U L L Y I N G




Aquí queda a primeira curta deste ano de 1º BACH de "ANIMACIÓN" , unha nova materia na que estamos a desenvolver  diferentes técnicas e proxectos .
Este  traballo é unha  metáfora sobre o illamento que produce o Bullying,  a  indiferenza fainos complices .


Con guión de Isabel Cascante , debuxos de Maria , Alba, Rubén , Nerea .....

B U L L Y I N G from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.