domingo, 30 de abril de 2017

AULAS SEN FUME, ANIMACIÓN PARA CONCIENCIAR


Este trimestre pasado , estivemos a traballar de cheo no proxecto "AULAS SEN FUME",  un concurso educativo para a prevención do tabaquismo, dirixido a escolares de primeiro ciclo de ESO.
Este programa forma parte do "Plan Proxecta" dá Consellería de Educación.
Dirixido a nenos e nenas de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco.
Baséase no compromiso individual e colectivo (de toda a aula) de non fumar durante alomenos 6 meses, reforza o carácter voluntario da decisión de non fumar, facilita a presión de grupo positiva xerada pola complicidade dun grupo de adolescentes e un adulto (titor/a), e reforza a confianza nun mesmo e nos demais.

1ª- Despois de realizar unha serie de carteis , os alumnos e alumnas de 1º da ESO A e B escollemos o que máis nos gustaba para representar a clase .




 2º- Traballamos ao redor do slogan escollido en cada aula , realizamos un guión  e o seu story board .















3º Probamos por primeira vez distintas técnicas de animación e quedámonos con estes dous proxectos,  dos realizados na aula esperamos que vos gusten.




1 ESO A



1 ESO B
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario