O proxecto desenvólvese durante o segundo trimestre, necesita de moitas horas de traballo extra fora de horas de clase, este nace coa escritura dun guión, onde os alumn@s aprenden cal é a súa estrutura, teñen en conta todos os detalles necesarios para traballar no momento de filmar, así como un guión gráfico onde ilustrarán cada escena, aprenden a usar as cámaras, programas de edición, de retoque fotográfico, ou de animación 2D, incluído a difusión en REDE (blog, conta you tube ,vimeo, Facebook..)
Os alumn@s desenvolven destrezas onde se traballan distintas competencias, dende a comunicación audiovisual, a artística, lingüística, a autonomía, aprender a aprender, eles analizan e reflexionan sobre as mensaxes audiovisuais, coñecen os seus códigos e son capaces de utilizalos. En definitiva é un proxecto en equipo, onde a coordinación, e o esforzo colectivo se centra nun obxectivo común, comunicar.
Este ano temos cinco proxectos que parten dunha obra de arte , do que nas próximas entradas empezarémosvos falar , estamos en fase de rodaxe e edición , quedando a rodar polas tardes e organizándonos para empezar a editar.
Pronto teredes máis noticias , aquí quedan algunhas imaxes do proceso creativo , e da rodaxe realizado estés días.
No hay comentarios:
Publicar un comentario