Mostrando entradas con la etiqueta GOOGLE MAPS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GOOGLE MAPS. Mostrar todas las entradas

lunes, 19 de junio de 2017

TORRE DE MEIRA



A Torre de Meira foi unha construción situada nun promontorio de 92 m2, situado a 140 m de altitude. O que hoxe en día podemos ver neste lugar son os cimentos moi alterados dunha construción de época medieval situados a uns 140 metros de altitude. O conxunto, escavado no ano 1976, estaba composto dunha torre de vixilancia de sección cadrada de 5,9 x 7 metros feita a base de cadeirado granítico, un patio de armas, unha muralla e un foxo.
A Torre de Meira pertenceu ás casas nobiliarias de Meira e Valadares. A súa ocupación data do século XV. A metade da Torre foi derrubada durante as segundas Guerras Irmandiñas (1467-1469). Finalmente sería destruída ata a base no ano 1476 polo señor feudal Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga).
No lugar atopouse material cerámico, metálico e osos, todos eles depositados no Museo de Pontevedra.

O modelo foi realizado por Uxía Riobó, alumna de TIC I de 1º bach.A

Comentario da autora: este monumento non o elexín eu senón que mo recomendaron, pero alégrome xa que descubrín moito sobre el e gustoume moito.

PEDRA DA SERPE



Pedra de granito exenta (90x80 cms), cáseque esférica con grabado serpentiforme, pero sen varias cazoletas, ao contrario do que di a bibliografía.
O petróglifo consiste nunha liña ondulante cunha coviña nun dos seus extremos.
Atópase ao pé da capela adicada á Virxe dos Remedios, noutrora chamada a Virxe do Castro (século XVII), xa que está asentada sobre un xacemento castrexo. Este asentamento - o Castro dos Remedios- sitúase na parroquia de Tirán, concello de Moaña (Pontevedra).
As crónicas orais relatan que o emprazamento orixinal desta pedra era outro, pero sería trasladada máis tarde ao carón da igrexa e fixada a un soporte de cemento. Malia todo isto, a existencia deste petróglifo deu lugar á formación de moitas lendas - case todas ambientadas na noite de San Xoán- que na realidade son variacións unhas doutras.

Modelo realizado por Antón Santos, alumno de TIC I de 1º bach.B

domingo, 26 de marzo de 2017

IGREXA DE TIRÁN





IGREXA DE TIRÁN (MOAÑA) - É unha igrexa parroquial de estilo románico consagrada a San Xoan, e o seu material é de pedra. Construíuse entre os últimos anos do século XII e principios do século XIII. O arco da fachada principal é algo punzante. Ten tres arquivoltas que descansan sobre tres columnas a cada beira. Os capiteis teñen motivos vexetais. A fachada sur ten duas saeteras e unha porta con un arco punzante. 
Sitúase ao borde dun pequeno cantil sobre a ría ao lado da praia do río da Ribeira. Devandito cantil está horadado polas rompientes do mar, que forman varias covas de varios metros de lonxitude baixo a igrexa (como a Cova dá Lontra).

O modelo foi realizado pola alumna de TIC I, Ariadna Agra Currás, de 1º bach.B