Concello: Moaña / Morrazo (comarca)
Parroquia: Domaio
Lugar: entre os cumes de Domaio e Xaxán, a unha altura de 548m
Cronoloxía: Neolítico
Descrición:
O Chan da Arquiña está situado a unha altitude considerable, uns 500 m sobre o nivel do mar, ó pé do Xaxán, nunha zona chaira que en Galicia denomínase como "chan". É un monumento funerario que se construiu fai máis de cinco milenios.
O dolmen do Chan da Arquiña está moi enterrado na súa mámoa ovalada. Consérvase en moi bo estado, ainda que é problable que teña sufrido alteracións ao longo da súa historia, sobre todo debido a expoliaciones indebidas provocadas polos buscadores de tesouros.
Presenta unha tipoloxía típica: cámara poligonal e corredor orientado cara o leste. A anta componse de 11 pedras verticais na cámara e 5 no corredor. A cámara está recuberta por unha tampa e catro lousas cobren o corredor. No interior hai restos de ocre, o que pode indicar houbo pinturas. Hai que lembrar que os antepasados cubrían estes entrerramentos pétreos con terra, dando lugar á forma característica de mama, de onde provén o nome de "mámoa". A particularidade deste dolmen é que presenta un corredor incipiente; é dicir, que non se sabe se é un corredor ou unha segunda cámara, para facer ofrendas. Nas escavacións dos anos 50, levadas a cabo por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza atopáronse restos dun enxoval funerario composto por utís de pedra e restos de cerámica, de vaso campaniforme, e outros materiais como machadas e coitelos.
O dolmen atópase nunha área de recreo moi ben coidada, cun souto, mesas para comer, etc. Pero o perigo é que non hai a suficiente separación entre o dolmen e as mesas e grellas. Deste xeito réstaselle importancia ó xacemento, co perigo de que os rapaces salten enriba del. Dá a impresión de que é unha grella máis.
Fonte: patrimoniogalego.net (Manuel Rial) e galiciamaxica.eu (Teto de Dios)
No hay comentarios:
Publicar un comentario