miércoles, 17 de mayo de 2017

GAMIFICANDO A MARUJA MALLO NO IES AS BARXAS

Como complemento didáctico á exposición EU SON MARUJA MALLO, e en colaboración coa nosa Bibliobernardino, levaremos a cabo este venres un CONCURSO DE COÑECEMENTOS SOBRE MARUJA MALLO, dentro dos actos de celebración das letras galegas 2017.

O concurso terá lugar, durante o recreo, no hall do centro. Para iso utilizaremos a ferramenta Kahoot, coa que creamos un cuestionario de 20 preguntas con 4 respostas posibles sobre a vida e obra de Maruja Mallo. As preguntas aparecerán na pantalla de plasma e os participantes deberán responder a través dos seus móbiles ou tablets.

A convocatoria está aberta a todo o alumnado, só necesitades traer un móbil ou tablet pois nos conectaremos á wifi do centro para o concurso. 

QUEN GAÑE TERÁ O BOCADILLO GRATIS NA CAFETERÍA ATA FINAL DE CURSO!



Só avisarvos que a plataforma limita o número de participantes a 88, así que ser rápidos, a inscrición é online e persoal, xusto antes de empezar.

FUNCIONAMENTO: 

1.- Deberás entrar co teu móbil en Kahoot.it

2.- Aparecerache unha pantalla como esta, na que deberás escribir o PIN que poñeremos na pantalla do hall e darlle a Enter. Xogaremos co formato Classic (todos contra todos).


Deberás poñer o teu nome NICKNAME, co que se che identificará para xogar, logo dálle a GO. Sobra avisar que isto é un centro educativo, así que por favor, ser respectuosos ou seredes eliminados.

3.- Iredes aparecendo na pantalla de plasma e cando esteamos todos, avisarémosvos do comezo e o profe dará a START co que aparecerá a primeira pregunta que lucirá algo parecido a isto: pregunta e 4 respostas posibles.




4.- No teu móbil só aparecerán as 4 respostas posibles e deberás pulsar 1 (a que creas correcta).

Panel del alumno en Kahoot

Cando completemos todas as preguntas, aparecerán unha listaxe cos que obtiveron a mellor puntuación no xogo e entón terminaría, coñecendo ao gañador absoluto que terá o BOCADILLO GRATIS NA CAFETERÍA ATA FIN DE CURSO. 

Para aumentar as vosas posibilidades, recomendámosvos que visitedes a exposición do hall, e que vos documentedes a través do blogue do proxecto, e na web monográfica picando no cartel da exposición.


SORTE A TOD@S E A GOZAR CON MARUJA MALLO!





No hay comentarios:

Publicar un comentario