jueves, 16 de febrero de 2017

EXPURGANDO CON ARTE

O EXPURGO consiste nun proceso mediante o cal se seleccionan determinados documentos da colección da Biblioteca para retiralos da mesma de forma definitiva ou pasalos a unha zona de almacenamento. É unha operación complementaria á selección e consecuencia directa da avaliación que se debe levar a cabo de forma continuada para conseguir unha xestión eficaz da colección.

A colección, ao igual que todos nós, debe estar en continuo desenvolvemento, e necesita renovarse para adaptarse aos cambios que se producen nas necesidades dos usuarios.

E unha clara TRANSFORMACIÓN DA REALIDADE do IES AS BARXAS, xa que a súa biblioteca é un dos centros neurálxicos do instituto, e persegue os seguintes obxectivos:
  • Manter a pertinencia da colección
  • Incrementar o uso ao presentar unha colección máis adecuada ás necesidades dos usuarios.
  • Facilitar o manexo das coleccións polos usuarios.
  • Solucionar o problema derivado da falta de espazo para albergar as coleccións en libre acceso e optimizar o acceso aos fondos.
  • Detectar os exemplares danados que requiren ser eliminados ou restaurados.
  • Mellorar a imaxe e utilidade da biblioteca cun fondo actualizado. 
Pero no IES AS BARXAS, buscamos a optimización de calquera recurso, por iso, o equipo actual da Biblio Bernardino Graña, capitaneado pola nosa orientadora Charo Lorenzo, está a elaborar un ambicioso plan de destino dos exemplares expurgados, baseado en criterios de eficiencia e sustentabilidade.



1.- Depósitos da Biblioteca: onde irán as obras de libre acceso que: non se prestaron nos últimos anos, un exemplar dos duplicados que se vaian a expurgar, obras obsoletas, etc.


2.- Troco/doazón con outras institucións: neste intre estamos preparando o envío a biblioteca da Cárcere da Lama, de exemplares expurgados que poidan ter interese para as mesma.




3.-  Reciclaxe: os exemplares non incluídos nos apartados anteriores serán reciclados, e servirán como material para as nosas instalacións artísticas.

¡SEGUIREMOS INFORMANDO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario