MARCAPÁXINAS POLA SOLIDARIEDADE é unha proposta educativa que lles achega aos escolares a situación de vulnerabilidade dos cativos e cativas en países empobrecidos do continente africano co obxectivo de acadar fondos para os proxectos de supervivencia infantil que Save the Children realiza e coñecer os dereitos da infancia a través de diversas propostas didácticas.
Nesta edición pretende amosar a importancia de ter acceso a auga limpa para a supervivencia infantil, a vulnerabilidade que provoca a falta deste recurso e que podemos aportar para atallar as consecuencias desta situación.
Ter acceso á auga é un Dereito Humano fundamental que millóns de persoas non teñen garantido, unha crúa realidade sobre a que traballaremos, no IES AS BARXAS, con todo o alumnado de 1º ESO, dentro da materia de Educación Financeira tomando como base de operacións a biblioteca do centro, facendo fincapé en valores como a solidariedade, a cooperación, o respecto e a responsabilidade
Proposta didáctica: Fomento da lectura + educación en valores
Propoñemos dar a coñecer o poema "Camiñante non hai camiño", de Antonio Machado para reflexionar sobre as pegadas que deixan as cousas, os sentimentos e as accións humanas e finalizar coa creación de poesías e marcapáxinas que reflictan emocións humanas polo dereito ao acceso a auga por parte de todas as persoas.
A actividade englóbase dentro da conmemoración do DÍA DO LIBRO 2017 "Dereito á auga: unha pegada imprescindíbel".
Xa comenzamos a preparar os nosos marcapáxinas xunto cuns murais nos que deixaremos as nosas pegadas
Xa comenzamos a preparar os nosos marcapáxinas xunto cuns murais nos que deixaremos as nosas pegadas